pable on Xaneiro 27th, 2009

Dende Jigsaw Planet, podemos crear os nosos propios puzzles pra xogar cos rapaces nas nosas clases.Poño un creado por min a modo de exemplo para que vexades o que se pode facer con esta ferramenta.

Se pinchades no recadro da esquerda onde pon Image ou Ghost, teredes a modo de axuda, a imaxe final que temos que acadar.

Tags:

pable on Xaneiro 27th, 2009

Os Trasnos de Moscoso nacen no 2003 cando tres rapaces de Moscoso e outro de Redondela se unen a través da canle expresiva do hip-hop. Dende o comezo tiñan ben claro o rap que lles apetecia: letras que describan a realidade que os rodea, actitude sincera e bases creativas, fuxindo de certos clichés que rodean a parte da escena hip-hop.
Os Trasnos de Moscoso confórmano; Toneco e Alberto (voces), Mon (Dj) e Che (Productor). O resultado deste coktel é un rap de rimas fortes e sólidas sobre un fondo musical que bebe da electrónica e fuxe do simplismo, distinguíndose da maioria das produccións de rap.(información recollida de A Regueifa.)

Rap do País.

Tags: ,

pable on Xaneiro 26th, 2009

Moitos rapaces no cole dinme que a ver se algún dia facemos «Parkour» O Obxectivo do Parkour é o movemento libre e fluído.Pinchando aquí podedes ver a definición que de esta disciplina fai a Wikipedia(en castelán).

Deixovos cun video de David Belle, un dos máximos expoñentes desta disciplina.Persoalmente pareceme moi arriscado para os rapaces, pero supoño que haberá distintos niveis de dificultade, e que todo se pode adaptar ás nosas clases.Valoro positivamente o fondo de sacrificio, entrega e superación persoal que ten esta disciplina, pois son valores que se botan un pouco en falta hoxe en día en moitos dos nosos alumnos.

Tags: ,

pable on Xaneiro 26th, 2009

Cada ano, Unicef selecciona entre varias fotos, a gañadora do que para eles é a foto do ano.Estas fotos serven pra chamar a atención sobre a situación dos nenos nalgúns países.A gañadora deste ano foi a foto titulada «Surviving in Haiti», da fotógrafa Belga Alice Smeets, de tan só 21 anos, a fotógrafa máis xoven en acadar dito galardón.

No seguinte SlideShow poderedes ver, por orden,o 1º,2º,3º premio e algunhas das mellores fotos do ano que non acadaron dita mención.


Impactantes.

Tags: , ,

pable on Xaneiro 26th, 2009

Cubeecraft é unha web na que podes descargar varios «modelos» de personaxes para facer en Manualidades de Papel.

Son moi sinxeliñas, non fai falla nada mais que unhas tesouras e un cutter.Non é necesario pegamento para a súa construcción.Poñovos unhas a modo de exemplo, por se querede probar.Tendes moitas máis na súa páxina.

Tags: ,

pable on Xaneiro 25th, 2009

Nesta presentación de PowerPoint mostransenos as distintas concepcións existentes das pedagoxías do Ocio e o Tempo Libre.Está en castelán.Espero que o atopedes útil, ainda que é bastante teórico.

Tags: ,

pable on Xaneiro 25th, 2009

No blogue El (no tan diario) del Tio Oswald. atopei un video que me pareceu moi interesante.Segundo din os autores do video-documental,é unha mirada crítica ós nosos patrons de producción e consumo.Expoñense as conexions entre un enorme número de problemas sociais e medioambientais, e chamanos a que xuntos creemos un mundo máis xusto e sostible.Ensinarache algo, vaite facer rir  e pode que cambie o modo no que  miras a todas as cosas materiais na túa vida para sempre.

Pareceme moi interesante coñecer todo o proceso de vida útil das «cousas», dende a súa elaboración ata a súa eliminación.Creo que pode utilizarse no terceiro ciclo de primaria, para traballar tanto a educación en valores coma a educación ambiental, moral e cívica.

Tags: , , ,

Olark Livehelp